Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Obradoiro de olería creativa infantil nas Torres de Santa Cruz

O Concello organiza un obradoiro de olería creativa dirixido a nenas e nenos de 3 a 6 anos no alfar das Torres de Santa Cruz os días 23 de setembro e 7 de outubro.

Serán dúas xornadas para coñecer o barro, o oficio oleiro, o museo, o léxico... e gozar en familia dun obradoiro no que crear un ourizo para colocar os lapis de cores. 

A actividade é gratuíta, mais hai que reservar praza inscribíndose a través da web municipal.

MÁIS INFORMACIÓN

back link