Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Obradoiro de Magosto no Museo Os Oleiros

 Oleiros, 7 de outubro de 2020-. O Museo Os Oleiros ten aberto o prazo de inscrición para un obradoiro no que as persoas que participen aprenderán a facer asadores de castañas de barro da man do artesán José Juan Unzueta. A actividade vai dirixida a todos os públicos e ten unha duración de tres xornadas, 10, 17 e 24 de outubro.

 
Para obter máis información sobre o obradoiro así coma para formalizar as inscricións é preciso dirixirse ao Museo Os Oleiros, situado nas Torres de Santa Cruz. Tamén é posible chamar por teléfono ao 981 626 692 ou enviar un correo electrónico a museos@oleiros.org.
back link