Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O xoves inaugúrase na Fábrica unha exposición sobre Jose Luis Sampedro

 Oleiros, 19 de novembro de 2019-. O centro cultural A Fábrica acollerá a exposición itinerante “Xeografías Literarias de José Luis Sampedro”, que recolle a vida e obra do humanista. A inauguración, prevista para o vindeiro xoves 21 de novembro ás 19:30 horas, contará coa proxección de “El río que nos lleva”.

 
A mostra poderá visitarse ata o 5 de decembro. O horario será  de luns a venres, de 9:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:30 horas, e os sábados de 10:00 a 13:30 horas. O xoves 28 de novembro, ás 20:00 horas, proxectarase “La sonrisa etrusca”.
back link