Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O xoves haberá unha charla sobre as afeccións reumatolóxicas nas Torres de Santa Cruz

Oleiros, 08 de abril de 2016-. O próximo xoves 14 de abril, ás 19:30 h, nas Torres de Santa Cruz en Oleiros vaise celebrar unha charla sobre as distintas afección reumatolóxicas.

Dentro do ciclo de charlas que se desenvolven habitualmente desde a Concellería de Servizos Sociais e Sanidade do Concello de Oleiros existe un dobre obxectivo: achegar á poboación un maior coñecemento das enfermidades que lles afectan e, por outra banda, poñer en contacto as persoas coas asociacións que agrupan os colectivos de persoas afectadas.

Nesta ocasión cóntase coa colaboración da Liga Reumatolóxica Galega, entidade que asesora e defende os intereses das persoas afectadas por todas estas enfermidades.

Na charla participarán as seguintes persoas:

• Dr. Jesús Carlos Fernández López, reumatólogo do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

• Lucía Fernández, terapeuta ocupacional da Liga Reumatolóxica Galega.

• Ana Vázquez Lojo, paciente experto.

Artrite, artrose, espondilite, fibromialxia... son varias das enfermidades que se engloban baixo o concepto de enfermidades reumatolóxicas e que afectan a unha gran parte da poboación, especialmente ás persoas maiores pero tamén á xente nova e incluso teñen incidencia na poboación infantil.

Soen ser enfermidades que producen moita dor ás persoas que as padecen e nas que uns hábitos de vida saudables son moi importantes para poder combatelas.

back link