Oleiros, 27 de novembro de 2018-. O venres 30 de novembro abre o prazo de inscrición para uns cursos de “Manexo de tablets e móbiles” para as persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Oleiros. Estes cursos enmárcanse dentro da programación de actividades formativas sobre alfabetización dixital que organiza o Concello de Oleiros e que teñen como obxectivo achegar as novas tecnoloxías ás persoas maiores.
Serán dous cursos cunha duración de 16 horas, en 8 sesións de 2 horas cada unha, de luns a xoves pola tarde na aula de informática do Centro Municipal de Formación, nos Regos. As inscricións poderán realizarse a través da web municipal www.oleiros.org, na sede electrónica, no apartado cidadáns e empresas, en trámites on line, a partir das 10:00 horas do venres 30 de novembro e ata as 14:00 horas do luns 3 de decembro. Tamén é posible nas oficinas de Servizos Sociais do Concello de Oleiros.
No momento da inscrición poderán escoller a opción de horario, ben de 16:00 a 18:00 horas ou de 18:00 a 20:00 horas. O prezo público para esta actividade é de 14,22 euros.