Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O sábado 18 de novembro volve a programación do APEGO con “A nena e os tres osos” de Bea Campos (Migallas Teatro)

 O luns, 13 de novembro, ás 10.00h comeza o prazo de inscrición para o espectáculo "A nena e os tres osos" de Bea Campos (Migallas Teatro) que se celebrará o sábado 18 de novembro ás 18:00h.

A nena e os tres osos é unha divertida e coidada proposta teatral para nenas e nenos, con monicreques e cancións. Unha peza visual, baseada nun dos contos clásicos da literatura infantil. O espectáculo está orientado a familias con nenos e nenas a partir de 1 ano.

Día: sábado 18 de novembro
Lugar: Centro Cultural A Fábrica
Horario: 18.00 h 
Persoas destinatarias: familias con nenas e nenos a partir de 1 ano 
Duración: 40 minutos 
Inscrición: desde o luns 13 de novembro
    
Podedes realizar a inscrición a través dos formularios habilitados na páxina web municipal.

back link