Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O prazo de inscrición no programa de natación para escolares remata o próximo martes día 18

Oleiros, 14 de setembro de 2012-. O  Concello de Oleiros abre o prazo de inscrición para o programa municipal de actividade acuática escolar que terá lugar nas piscinas municipais da Fábrica, Oleiros e Dorneda desde o 1 de outubro de 2012 ao 14 de xuño de 2013. A actividade terá carácter anual, realizando unha sesión semanal durante todo o curso académico e coincidindo co propio calendario escolar do centro.  A inscrición realizarase ata o próximo martes 18 de setembro de 2012 no centro deportivo que lle corresponda a cada escolar. O alumnado do CEIP  Valle Inclán deberá presentar a súa inscrición na piscina de Perillo, o do CEIP Rabadeira na piscina de Oleiros, o do CEIP Luis Seoane e os alumnos e as alumnas do CEIP Isidro Parga Pondal farano na piscina de Dorneda.

Esta actividade comezará o próximo 1 de outubro de 2012 e rematará o 11 de xuño de 2012.  Debido a que as prazas son limitadas, se fose preciso, estas distribuiranse segundo o resultado dun sorteo público que tería lugar o próximo 21 de setembro ás 14.00 horas, no auditorio do centro cultural da Fábrica. Non obstante, en caso necesario, abriríanse novos grupos para intentar dar acollida a toda a demanda escolar na medida que sexa posible.
 

back link