Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O pleno ratifica a realización das obras de humanización da contorna do túnel de Sol y Mar

O pleno ratificou a solicitude realizada ao Ministerio de Transportes para a realización de diferentes obras de humanización na contorna do Sol y Mar valoradas en 800.000 euros, que xa están en marcha. 

As obras as que se fai referencia son as seguintes:

-    Reurbanización completa da rúa As Garridas
-    Construción de pasarela peonil prazas dos Areeiros-Agramar
-    Creación dun acceso directo para os garaxes da praza Agramar para evitar circular ata a ponte da Pasaxe
-    Renovación de beirarrúas na rúa do Areal
-    Pavimentación do estacionamento da rúa do Areal
-    Creación vial conexión coa rúa Revolta e novas marquesiñas

Como contraprestación, o Concello asumirá a titularidade dos viais de servizo e da rotonda, dun reducido coste de mantemento e que permitirá maior axilidade para á súa conservación e para a realización de distintos trámites para a cidadanía.

back link