Hemeroteca

Asset Publisher

Back O pleno aproba unha moción en defensa da pesca artesanal galega, ante os ataques da Unión Europ

 Oleiros, 25 de marzo de 2021-. O pleno municipal, recollendo unha proposta da Cofradía de Pescadores de Lorbé trasladada polo Goberno á corporación, aprobou unha moción para esixir a retirada do Regulamento de control da pesca aprobado polo Parlamento Europeo. Este nova normativa impón, entre outros graves prexuízos para os mariñeiros galegos, a instalación de cámaras de control nos barcos da flota artesanal galega sen ter en conta as súas especiais características.

 
O Goberno municipal tamén aprobou na sesión un manifesto en apoio á manifestación convocada para este sábado 27 de marzo, ás 12 horas na Delegación do Goberno da Coruña, pola defensa do emprego en Alcoa, por un futuro industrial e contra a represión sindical. As administracións competentes deben centrar todo o seu esforzo en garantir a supervivencia desta factoría esencial para toda a comarca da Coruña, mantendo todos os seus postos de traballo e que se proceda á readmisión da traballadora e dos traballadores despedidos que, ademais eran representantes sindicais, defendendo un dos pilares básicos do ámbito laboral no país como é a liberdade sindical, como exercicio dos dereitos fundamentais das traballadoras e traballadores na procura das mellores condicións laborais nos seus centros de traballo.
 
back link