Oleiros, 28 de novembro de 2019-. O Goberno municipal aprobou unha declaración para denunciar o represivo, xenófobo e ditatorial golpe de Estado en Bolivia e para rexeitar o recoñecemento do autoproclamado goberno de Añez por parte de Estados Unidos, Brasil e a Unión Europea. No documento presentado no pleno tamén se denuncia a intervención dos servizos de intelixencia de Estados Unidos para manipular e falsear os resultados dos comicios en Bolivia e impoñer un goberno títere que axudará e facilitará ás grandes corporacións a explotación dos recursos naturais dese país.