Hemeroteca

Asset Publisher

Back O mércores abre o prazo de matrícula nas escolas municipais artísticas para novo alumnado

As escolas municipais de danza, música e teatro terán aberto o prazo de matriculación para novos alumnos e alumnas do 17 ao 24 de abril. As persoas interesadas poden consultar toda a información na páxina web do Concello, no apartado da Concellería de Ensino. 

Para calquera dúbida ou consulta é posible dirixirse ao correo ensino@oleiros.org ou tamén poderán chamar ao teléfono 981 639 688 do Centro Municipal de Artes Escénicas ou ao 981 639 143 da Escola Municipal de Música.

back link