Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O mércores abre o prazo de inscrición para os cursos de alfabetización dixital para maiores

 Oleiros, 28 de marzo de 2022-. O mércores 30 de marzo abre o prazo de inscrición para os cursos de alfabetización dixital para persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Oleiros. Estes obradoiros teñen como obxectivo o manexo do móbil dun xeito xeral e coñecemento dos seus usos principais.

 
Organizaranse varios cursos ata finais de ano. Cada un deles terá unha duración de 12 sesións de 2 horas.
 
Haberá varios prazos de inscrición. O primeiro será os días 30 e 31 de marzo. As persoas interesadas en participar deberán chamar ao 981 610 000 en horario de 16.00 a 19.00 h. O prezo desta actividade é de 6 euros por persoa.
back link