Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O mércores abre o prazo de inscrición para a excursión ao Castro de Doade de Lalín

 Oleiros, 14 de febreiro de 2021-. O sábado día 5 de marzo o Concello organiza unha ruta de sendeirismo por Lalín e as visitas ao Monumento Natural da Fraga de Catasós e ao Museo Etnográfico Casa do Patrón. Para inscribirse é preciso cubrir un formulario na web do Concello a partir do mércores 16 de febreiro ás 10:00 horas. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

 
A  ruta a pé será circular con inicio e fin en Codesedo (Lalín) pasando polo Castro de Doade, a Igrexa de San Xoán de Vilanova, a área Recreativa de Mouriscade. A distancia a percorrer é de 13 km e está cualificada como de dificultade media-baixa.
 
A actividade ten un custo de 22 euros e está dirixida á persoas maiores de idade, tendo preferencia as persoas empadroadas en Oleiros. Para obter máis información é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org.
 
 
back link