Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O luns abre o prazo de inscrición para unha nova ruta de sendeirismo do programa Ven e Descubre

 Oleiros, 19 de agosto de 2022-. Os veciños e veciñas maiores de 60 anos interesados en participar na ruta de sendeirismo do programa Ven e Descubre ao Fuciño do Porco poden inscribirse a través da sede electrónica da web municipal desde o vindeiro luns 22 de agosto. Aquelas persoas con dificultade para acceder á inscrición en liña poden dirixirse de forma presencial ao departamento de Servizos Sociais e Igualdade.

 
Esta ruta de sendeirismo consiste nunha expedición cultural cunha andaina guiada polo Fuciño do Porco, os días 6, 13 e 20 de setembro. Ofértanse un total de 125 prazas. 
 
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 22 ás 9:00 horas ata o venres 26 ás 0:00 horas. As prazas son limitadas e outorgaranse por rigorosa orde de inscrición. 
back link