Hemeroteca

Asset Publisher

Back O luns ábrese o prazo para pagar as actividades do programa Ocioleiros

Oleiros, 17 de xaneiro de 2014-. O próximo luns día 20 e ata o día 25 poderán facer o pagamento das actividades de Ocioleiros todas aquelas persoas que obtivesen praza en calquera delas. A cantidade a pagar varía segundo as idades. Por exemplo, as actividades para mozos e mozas de 13 a 17 anos terán un custo de 20 euros, mentres que as dirixidas ao grupo de 18 a 35 anos serán de 30 euros, excepto Cociña, Coctelería e Cata de Viños que serán 40 euros. Pola súa parte, os maiores de 35 anos pagarán igualmente 40 euros e en Cata de Viños, Coctelería e Cociña 50 euros.

Os prezos son polas 16 xornadas que duran as actividades que comezarán na última semana de xaneiro e rematarán o 25 de maio. As follas para facer o pagamento poderanse recoller na conserxería da Fábrica do 20 ao 24 de xaneiro en horario de 8.30 a 14.30 horas e de 17.00 a 21.30 horas e o sábado 25 de 9.00 a 13.00 horas. Para máis información as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 981 636 598.
 

back link