Oleiros, 16 de novembro de 2012.- O Grupo Chévere presenta en Oleiros o seu espectáculo teatral Citizen Total mañá sábado ás 20:30 horas no auditorio Gabriel García Márquez, de Mera. O prezo de acceso é de 5 euros. As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Esta obra esta recomendada para maiores de 12 anos e a duración do espectáculo é de 3 horas polo que se van realizar dous descansos durante a función.
Citizen fala da construción dun imperio económico desde a periferia. Fala de como utilizar o que nos ofrece a historia en beneficio propio, de como se constrúe a realidade como se fose unha telenovela. Citizen é unha historia de ficción baseada nun personaxe real chamado Amancio Ortega, que creou un imperio a partir da marca Zara.