Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Goberno local valora a decisión dos propietarios do Hotel Maxi de demoler o inmoble

Oleiros, 18 de xaneiro de 2013-. O alcalde de Oleiros Ángel García Seoane valorou a decisión dos propietarios do hotel Maxi, en Santa Cruz, de demoler o inmoble. O Goberno local sinalara con anterioridade que a situación do Hotel Maxi só tiña tres posibles solucións: presentar un  proxecto para construír un novo edificio, restaurar o actual ou demolelo.

García Seoane lamentou que as trabas administrativas e o exceso de burocracia, xunto co actual contexto socioeconómico, levou ao propietario a desistir na súa intención de crear un hotel de 5 estrelas que xeraría emprego para o municipio.

 

back link