Oleiros, 24 de outubro de 2012-. O Concello de Oleiros mellorará a eficiencia do alumado público do polígono comercial de Iñás. Esta obra levará a cabo con axuda do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), que conta cunha liña de financiamento para este tipo de iniciativas. O investimento total no proxecto supera os 84.000 euros.
O Goberno local pretende potenciar o aforro de enerxía eléctrica neste parque empresarial, así como a adecuación das instalacións coas tecnoloxías máis modernas existentes no ámbito da iluminación para conseguir unha rebaixa nos custos de mantemento e unha menor contaminación lumínica.
Isto suporá a substitución de 220 unidades do alumado actual, formado por luminarias de vapor de sodio, por luminarias de alto rendemento lumínico de tecnoloxía LED, que non provocan contaminación lumínica. Isto posibilita manter as condicións naturais das horas nocturnas en beneficio dos ecosistemas locais e diminúen o resplandor luminoso nocturno na visión do ceo, así como a intrusión luminosa no ámbito doméstico das proximidades do polígono, evitando posibles molestias aos veciños.
Así mesmo este tipo de luminarias consomen menos da metade de enerxía mantendo a calidade da iluminación e diminúe o gasto de mantemento por ter un maior número de horas de vida útil que o vapor de sodio.