Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Goberno local inicia os trámites para construír as beirarrúas na zona do Couto, en Lorbé

Oleiros, 05 de setembro de 2016-. O Concello de Oleiros iniciou as conversas cos veciños da zona do Couto, en Lorbé, para realizar as correspondentes cesións de terreo e poder construír as beirarrúas na marxe dereita da AC-163, entre Casa Méndez e o linde con Sada. Unha técnico municipal está a visitar aos veciños para explicarlles o proxecto e tramitar as cesións do solo necesario para levar adiante esta obra.

Unha vez que o Concello de Oleiros consiga as correspondentes cesións de terreo por parte dos veciños, entregaráselle  á Xunta de Galicia, que é a administración que ten a titularidade desta estrada e, por tanto, a que debe abordar esta obra. Tal e como avanzou esta mañá o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, ata o momento “todos os veciños están a facilitar os terreos sen problemas”.
 

back link