Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Goberno central impide a apertura do rexistros municipais os sábados pola mañá

Oleiros, 28 de setembro de 2016-. A modificación da Lei de Procedemento Administrativo realizada polo Goberno central suporá que os sábados pasen a ser días inhábiles a efectos de rexistro. Ante esta nova situación, o rexistro municipal do Concello de Oleiros terá que deixar de estar aberto os sábados pola mañá como sucedía ata o de agora.

O Goberno local está estudando as posibles alternativas que puideran levarse a cabo para que esta decisión do Goberno central non prexudique ao servizo que se lle ofrecía aos veciños do municipio. Esta cambio lexislativo, que entra en vigor precisamente o sábado 1 de outubro, suporá que ese mesmo día o rexistro municipal permaneza pechado os sábados.
 

back link