Oleiros, 20 de outubro de 2011-. O próximo domingo día 23 de outubro a partir das 19.00 horas o auditorio Gabriel García Márquez de Mera acolle un espectáculo de danza que terá como protagonista a escola de danza Estudio 1 Sociedade R.C. e D. de Sada. Este espectáculo, que conta coa colaboración do Concello de Oleiros, está organizado pola ONG Tierra de Hombres e ten por obxectivo recadar fondos para o seu proxecto Viaje hacia la vida. A entrada terá un custo de 4 euros que serán destinados a esta iniciativa.
Este proxecto encárgase de buscar solucións clínicas para nenos e nenas do terceiro mundo con enfermidades intratables nos seus respectivos países. A ONG conta cunha rede de hospitais públicos e privados en España que colaboran á hora de tratar estes rapaces.