Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O espectáculo AIREnoAR de danza contempóranea preséntase o sábado en Mera

Oleiros, 20 de abril de 2016-. O sábado ás 20:30 horas, o Auditorio Gabriel García Márquez acolle o espectáculo AIREnoAR, da compañía do mesmo nome, que dirixe Rut Balbís e no que participan María Move, Álvaro Reboredo e Rut Balbís. As entradas poñeranse á venda a un prezo de 2,50 euros a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala.

AIREnoAR xurde da procura de novas linguaxes artísticas a partir da difusión das diferentes artes. Céntrase na multidisciplinariedade dos artistas utilizando a danza como principal fío común. Permite ao espectador entrar na escena e recrear a historia dos dous personaxes na súa mente. É unha historia de encontro e desencontro, de procura do equilibrio entre as cordas (acrobacia aérea).
 

back link