Oleiros, 14 de setembro de 2016-. O vindeiro domingo 18 de setembro o campo municipal de chave de Perillo acolle a XXVII edición do Trofeo de Chave Concello de Oleiros. O S.R. Perillo, Nova Chave de Oleiros, Chave de Santa Cruz Tribisqueira e Auxiliares de Farmacia Coruña serán os catro equipos participantes.
A competición comezará ás 11:00 horas. Unha vez remate esta interesante proba deportiva realizarase a correspondente entrega de trofeos aos equipos participantes.