Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O domingo proxéctase nas Torres a película Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde

 Oleiros, 6 de maio de 2021-. A proxección de Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde está programada para as 20.00 horas do vindeiro domingo día 9 de maio, no auditorio das Torres de Santa Cruz. A entrada é gratuíta con invitación, que poderá recollerse desde unha hora antes do inicio do filme.

 
Esta película, dirixida por Zaza Ceballos, narra a vida de Emilia Pardo Bazán, intelectual, escritora, xornalista e crítica española que introduce o naturalismo en España.
 
Ante a situación sanitaria, e seguindo as directrices das autoridades, será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización.
back link