Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O coro Cantabile actuará o domingo no Gabriel García Márquez

Oleiros, 13 de outubro de 2011-. O auditorio Gabriel García Márquez de Mera acolle este domingo 16 de outubro a actuación do coro infantil e xuvenil Cantabile. O concerto comezará ás 19 horas e a entrada será libre ata completar o aforo da sala. O experimentado coro interpretará a ópera Dido e Eneas, de Henry Purcell .

Cantabile é un coro da Coruña, integrado por uns 60 compoñentes, fundado no ano 2002 e dirixido desde o seu inicio polo tenor e mestre de canto Pablo Carballido del Camino. Este coro ten unha importante traxectoria musical e ademais ofrece unha alternativa de ocio aos seus compoñentes e favorece o seu desenvolvemento persoal e a adquisición de valores como o esforzo, o respecto e a colaboración. Participa en óperas, ten gravado varios cedés e xa recibiu varios premios que recoñecen a súa calidade musical e a importancia do seu proxecto de formación vocal e musical.
 

back link