O Concello de Oleiros tamén ten solicitadas outras obras dependentes da administración autonómica para a melloras da seguridade viaria mediante a construción de beirarrúas en San Pedro de Nós, na avenida Salvador Allende, e na estrada de Mera a Lorbé, entre a Igrexa de Serantes e O Cubo.
Hemeroteca
Asset Publisher
Para eliminar os semáforos de Montrove, que crean importantes retencións diarias a numerosos cidadáns, o Concello está en disposición de cederlle á Xunta de Galicia o solo necesario para que constrúa unha rotonda neste punto, dado que a estrada é de titularidade autonómica. Así llelo comunicou hai meses o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, á conselleira de Infraestruturas, María Martínez Allegue, nunha reunión en Santiago.