Oleiros, 15 de xuño de 2018-. O Concello de Oleiros completará os traballos iniciados por parte do alumnado do obradoiro de emprego na cuberta do edificio principal da Finca Tenreiro. Está previsto que durante os vindeiros días sexa colocada a tella que permitirá finalizar definitivamente o teito do inmoble.
O Concello solicitará á Xunta de Galicia un novo obradoiro de emprego para rematar o interior deste inmoble municipal. A intención do Goberno local é destinar esta propiedade pública á realización de campamentos para nenos e nenas.