Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello reclama unha fronte comarcal para abordar o colapso circulatorio da comarca

Imagen O Concello reclama unha fronte comarcal para abordar o colapso circulatorio da comarca

O alcalde, Ángel García Seoane, propón crear unha fronte comarcal para abordar o colapso circulatorio que afecta á comarca da Coruña e reclamar as infraestruturas viarias pendentes coma a Vía Ártabra, Alfonso Molina, a ponte da Pasaxe, o túnel de Santa Cristina e a Artabriña. 

O colapso circulatorio que afecta á comarca da Coruña xa non pode considerarse un problema puntual nin exclusivamente vinculado ao verán. Os atascos forman parte da vida diaria de miles de persoas e os desprazamentos desde Oleiros ata A Coruña poden superar actualmente a hora e cuarto, cunha incidencia directa tamén sobre o tecido empresarial.

O alcalde solicitará á Deputación da Coruña que convoque unha reunión con todos os concellos da comarca, sindicatos, Universidade, entidades veciñais e empresarios para analizar a situación e establecer unha demanda conxunta ante as administracións competentes.

A proposta busca impulsar unha resposta común ante un problema que, segundo o alcalde, leva décadas sendo reclamado e que provoca diariamente unha importante perda de tempo para a cidadanía e prexuízos para a actividade económica da comarca.