Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello proporcionará leña gratuitamente na volta do San Xoán ás praias

 Oleiros, 6 de xuño de 2022-. A noite de San Xoán, o Concello porá leña a disposición da veciñanza nas praias gratuitamente. Desta maneira pretende evitarse a contaminación dos areais con materiais ou obxectos que tamén poden provocar danos a bañistas e persoas usuarias das praias. 

 
A Policía Local e Protección Civil realizarán un importante despregue para impedir a queima de elementos tales como palés, sofás e calquera tipo de obxecto que poida conter cravos. Tamén estará prohibida a introdución de botellas de cristal ou calquera elemento que conteña vidro.
 
Tanto na praia como noutro lugar, é obrigatorio solicitar autorización para realizar unha fogueira. As normas e a solicitude pode descargarse na web municipal e deberá ser entregada cuberta e asinada no Rexistro da Casa do Concello ou da Sede electrónica ata o día 22.
 
back link