Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello promove axuda alimentaria urxente para Gaza

O Concello de Oleiros, a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, participará no envío de axuda alimenticia urxente a Gaza para apoiar a acción humanitaria.

A terrible situación na que se atopan os habitantes do territorio sobre o que o estado xenocida de Israel irrompe con toda a súa ansia expansionista a través do episodio actual da cruel guerra que dura xa 80 anos, fai que toda a cidadanía consciente do mundo non dubide en apoiar solidariamente iniciativas como a da UNRWA (Axencia de Nacións Unidas para a Poboación Refuxiada de Palestina en Oriente Próximo).

As accións deste organismo internacional son a opción máis eficaz e segura de canalizar recursos cara a Gaza ante as absolutas limitacións que impón o predominio israelí, tanto a través do control civil dun territorio que non lles corresponde, como da propia acción armada do exército sionista.

Estímase que a axuda poida servir para alimentar a 289 persoas en situación de pobreza, durante un ano, unha vez que os fondos cheguen ao destino. O capítulo español da UNRWA foi creado en 2005 e ten como finalidade promover a visibilidade e mover a axuda humanitaria e económica a prol da xente dos territorios palestinos usurpados por Israel.
 

back link