Oleiros, 12 de abril de 2013-. O Concello de Oleiros, a través da Rede Municipal de Bibliotecas, organiza para a próxima semana un total de cinco sesións do programa A Hora do Conto. As sesións levaranse a cabo nas bibliotecas municipais de Montrove, Perillo, Lorbé, Santa Cruz e Mera. Os obxectivos que se intentan conseguir son que as nenas e os nenos participantes se divirtan escoitando contos, facer novas lectoras e lectores ou consolidarlles este hábito, que descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e que vivan o libro en colectividade xunto con outras nenas e nenos.
Todos os actos terán lugar ás 18.30 h.
Biblioteca Pública Municipal Federico García Lorca. Montrove
Martes 16 de abril
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: O país dos contos, Imaxina!, O contiño
Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. Lorbé
Mércores 17 de abril
CONTACONTOS: Pavís-Pavós
TÍTULOS: A galiña roxa, Unha historia fantástica, O computador da Mimí, O Reiseñor, Monstros divertidos
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. Santa Cruz
Mércores 17 de abril
CONTACONTOS: Lilí Gruyére da Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS: Os paxaros, Elzbieta
Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 18 de abril
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: Abrazos, Trufo y Rosa, Un elefante
Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado. Mera
Venres 19 de abril
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULOS: Contos para non caer na amargura