Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello premia aos veciños e veciñas máis lectores das bibliotecas municipais

Os 15 veciños e veciñas máis lectores das bibliotecas municipais durante o 2024 serán premiados polo Concello. O mércores 18 de decembro ás 17:00 horas no auditorio das Torres de Santa Cruz, celebrarase un acto público que ademais da entrega dos galardóns contará cun espectáculo de maxia do mago Pedro Bugarín.

En función das idades creáronse 5 categorías, distinguíndose aos 3 usuarios con máis libros lidos en cada franxa de idade. O premio consistirá na entrega dun vale para adquirir por libros, material informático, audiográfico ou videográfico por importe de entre 75, 100 e 120 euros, en función da posición.

O acto, de acceso libre e gratuíto, contará ao seu remate co espectáculo Galicia coa maxia do mago Pedro Bugarín.

back link