Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello pon en marcha un programa de actividades de lecer para persoas con diversidade funci

 Oleiros, 16 de marzo de 2022-. O Concello de Oleiros vai iniciar un programa de ocio saudable dirixido a persoas con diversidade funcional. As actividades consistirán na realización de obradoiros, participación en xornadas de deporte adaptado, excursións ou roteiros, visitas a museos… e desenvolveranse as fins de semana, desde maio ata xullo.

 
Aquelas persoas interesadas en participar, poderán preinscribirse desde o luns 21 de marzo ás 9:00 horas e ata o día 8 de abril ás 14:00 h na Sede Electrónica ou na Casa do Concello. Unha vez realizadas as solicitudes, as persoas preinscritas serán citadas para unha entrevista personalizada para adaptar o programa ás necesidades e aos intereses dos veciños e veciñas de Oleiros.
 
O lecer é un dereito de todas as persoas, unha experiencia integral que contribúe á calidade de vida e que se debe ofrecer a todas as persoas sen discriminación. Tamén é unha área fundamental na calidade de vida tanto a nivel comunitario como persoal, xa que está ligado á satisfacción e ás emocións. A esencia do ocio é a liberdade: liberdade de escoller entre unha variedade de opcións e experiencias. 
 
Para obter máis información sobre este programa, é posible dirixirse ao departamento de Servizos Sociais e Igualdade presencialmente ou chamar ao 981 610 000. 
back link