Oleiros, 17 de outubro de 2017-. O Concello de Oleiros organiza un curso preparatorio para a obtención do título de graduado en ESO, coa finalidade de preparar academicamente ao alumnado asistente para que supere satisfactoriamente as probas libres para maiores de 18 anos que convoca a Xunta de Galicia para a obtención do título en ESO.
As clases terán lugar no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo e comezarán o 6 de novembro. As persoas interesadas en apuntarse poden informarse no teléfono 981 63 65 98, no centro cultural A Fábrica ou no enderezo electrónico ensino@oleiros.org. O período de preinscrición está aberto ata o 27 de outubro.