Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello organiza un curso de monitor de transporte escolar

 Oleiros, 30 de outubro de 2014-. O Centro de Información Xuvenil, segue co seu programa de formación para adultos, ofertando unha serie de cursos que complementarán a formación dos participantes así como achegarlles novos coñecementos que contribúan a mellorar a situación laboral. O curso quere dotar o alumnado de coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para poder desempeñar de xeito competente as funcións propias dun monitor de transporte escolar.

O curso terá unha duración dunhas 30 horas distribuídas e se impartirá desde o próximo luns día 3 ata o 18 de novembro. Todos os luns martes e xoves de 16.00 as 20.00 horas. A actividade terá lugar no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, nos Regos. Unha vez rematado o curso farase entrega dun diploma acreditativo a aquelas persoas que teñan máis dun 75% de asistencia.
De xeito opcional as persoas participantes poderán realizar prácticas no transporte de campamentos de verán que organiza o Concello de Oleiros. O custo da actividade é de 49,50 € para os empadroados e de 82,50 € para os non empadroados. As inscricións poderanse facer a través do correo c.xuventude@oleiros.org, no teléfono  981 636 598 ou de xeito presencial no Centro de Información Xuvenil A Fábrica.
 
back link