Oleiros, 15 de febreiro de 2013-. O Concello de Oleiros pon en marcha, a través do Centro de Información Xuvenil, un programa no que se inclúe unha serie de rutas de sendeirismo. As sesión se realizarán nun día e teñen unha dificultade media-alta. Para obter máis información ou para formalizar as inscricións as persoas interesadas poden contactar co Centro de Información Xuvenil A Fábrica a través do teléfono 981 636 598 e no correo c.xuventude@oleiros.org.
Para realizar as excursións é necesario levar botas de montaña ou calzado axeitado, crema de protección solar e gorra e un bastón de sendeirismo. Ademais haberá que levar unha mochila pequena e cómoda, pantalón longo, lixeiro e transpirable. Así mesmo é recomendable levar un chuvasqueiro se o día ameaza con choiva, auga e comida lixeira para o xantar, calzado e calcetíns de reposto. As saídas son ás 9.00 horas na rotonda de Santa Cristina.
As rutas programas para o 2013 son:
Sábado 9 de marzo.- Espazo protexido Cruzul-Agüeira
Sábado 13 de abril.- Serra do Xistral
Sábado 11 de maio.- Fraga da Marronda 1
Sábado 8 de xuño.- Ancares
Sábado 6 de xullo.- A ruta das pozas/ andar e nadar no val do Mandeo
Sábado 7 setembro.- Cañóns do Sil
Sábado 5 de outubro.- O Val do Río Pequeno (O Caurel)
Sábado 9 de novembro.- Fraga da Marronda 2