Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello organiza un ciclo de rutas guiadas costa norte do municipio

 

 
Oleiros, 29 de outubro de 2014-. O Concello organiza un ciclo de rutas guiadas costa norte do municipio, no espazo comprendido dentro do Monumento Natural Dexo-Serantes. Esta iniciativa ten como principal obxectivo divulgar a riqueza paisaxística e ambiental desta zona protexida. As rutas inclúen unha visita á Aula do Mar do faro de Mera, e actual centro de visitantes do Monumento Natural. A actividade está dirixida a todos os públicos e organízase en grupos reducidos baixo solicitude previa de participación. Para inscribirse basta contactar co CEIDA de Santa Cruz a través de correo  electrónico ou do seu sitio web. A iniciativa desenvólvese coa colaboración do CEIDA de Santa Cruz. Este proxecto conta co financiamento autonómico, estatal e europeo.
 
back link