Oleiros, 13 de marzo de 2017-. Un ano máis o Concello de Oleiros organiza o Campa Escola. Este campamento desenvolverase os días 10,11 e 12 de abril en horario de 09:00 a 14:00 horas no CEIP Ramón María del Valle Inclán, CEIP A Rabadeira e CEIP Isidro Parga Pondal, e vai destinado a nenos e nenas nados entre o ano 2005 e o 2013.
Desde hoxe día 13 e ata o 22 de marzo pode facerse a preinscrición. A folla de inscrición debe achegarse por correo electrónico a ensino@oleiros.org ou nas oficinas do departamento de educación sito no Centro Cultural A Fábrica. É moi importante que conste o centro no que se desexa facer o Campa Escola.
A data do sorteo, no caso de ter máis solicitudes que prazas, será o 27 de marzo ás 11:30 horas e a formalización da inscrición deberá facerse do 28 de marzo ao 3 de abril. Para máis información pode consultarse a web municipal ou chamar ao 981 636 598.