Oleiros, 30 de abril de 2021-. O Concello de Oleiros, dentro do programa de “Envellecemento Activo”, oferta tres rutas de sendeirismo guiado para as persoas maiores de 60 anos. Son rutas socio-culturais que teñen como obxectivo coñecer máis a fondo a historia, a cultura, as paisaxes e os camiños de Oleiros.
As rutas estarán guiadas por un equipo de profesionais expertos en educación ambiental, interpretación do patrimonio e animación sociocultural e percorreran os camiños de Oleiros seguindo as pegadas da historia, a pintura, a música e persoeiros relevantes vinculados/as co concello. Son andainas de intensidade baixa, pero requiren ter unha preparación previa e ter o hábito de camiñar por sendeiros e con distancias de entre 12 e 14 quilómetros.
As rutas seguirán un estrito protocolo para asegurar o cumprimento de todas as medidas de prevención ante o COVID-19 e así realizar unha actividade segura.
A primeira será o 14 de maio, “Loita pola liberdade” en Nós e Iñás. A segunda das rutas será o 21 de maio, “Camiños da música”, en Liáns. A última será o 28 de maio, “Románico e Castrexo”, pola zona norte do municipio.
As persoas interesadas en apuntarse poden inscribirse os días 4 e 5 de maio, en horario de 16.00 a 20.00 horas, chamando ao 981 610 000.