Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello organiza o IV Premio Literario Descubrindo Oleiros

Oleiros, 4 de outubro de 2017-. O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros convoca o IV Premio Literario Descubrindo Oleiros, unha proposta que busca poñer en común promover a lingua e dar a coñecer o municipio. Este premio está orientado a todos os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e de ESO empadroados/as no Concello de Oleiros, establecéndose catro categorías, unha por cada ciclo.

Os relatos estarán ambientados en Oleiros, escritos en lingua galega e terán que presentarse antes do 30 de novembro. Os espazos do municipio poden aparecer en fotografías, imaxes, debuxos ou simplemente aparecer citados. Outorgarase un premio por cada categoría. Os premios que se concedan serán unha cámara de fotos para as categorías 1 e 2 e un lector de libros electrónicos para as categorías 3 e 4.
 
BASES DO CERTAME
 

back link