Oleiros, 22 de febreiro de 2012-. O Concello de Oleiros ofrece un servizo de autobuses gratuíto para as persoas que queiran desprazarse á festa do entroido 2012 que se celebra este venres día 24 a partir das 18.00 horas no pavillón municipal de Santa Cruz. Serán un total de seis autobuses os que percorrerán as localidades de Oleiros e trasladarán á xente ata a mesma porta do pavillón onde se celebra a festa. Empezarán a saír ás 17:45 h e a volta está prevista ao remate da festa, ás 22:15 h.
Os autobuses realizarán os seguintes itinerarios:
1. Dexo, Lorbé, Dorneda: O Cubo, Aba, A Escola, O Couto, igrexa de Dexo, Buinte, igrexa de Serantes, Abeleiras, Franzomel
2.Maianca, Serantes, Dorneda: Broño, Maianca, Nai Pai, Xoez, Cabreira, Breixo, Rialta, Arillo, O Couto, Augarrío
3. Perillo: Beiramar, Lucín, Solana
4. Perillo, Montrove: centro cultural, bodegas de viño, parador
5. Iñas, Nós: As Torres, A Cova, Campamento, Arenaza, O Piñeiro, Os Vilares, Chasqueira, Sarro Vilanova, casa do pobo de Nós
6. Nós, Oleiros: casa do pobo de Nos, Río da Veiga, Batán, Mesón da Auga , O Carballo, Policía, Gasolineira, A Barreira, Pousada
Así mesmo, as persoas que se trasladen á festa no seu vehículo particular contarán cun aparcamento gratuíto na rúa Concepción Arenal, no lugar onde se fan as festas de Sta. Cruz. Desta forma poderán aparcar e trasladarse andando á festa, a escasos cinco minutos do aparcadoiro.