Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello mellorará as instalacións da Aula do mar de Mera

Oleiros, 22 de outubro de 2012-. O Concello de Oleiros mellorará a aula do mar situada nas inmediacións do faro de Mera. Este equipamento alberga unha exposición interpretativa permanente composta por paneis, medios interactivos e elementos en relevo, que resume os valores e centraliza o uso público do espazo protexido na Costa de Dexo-Serantes. Desde o 2006, mais de 70.000 persoas visitaron a instalación. Despois de case 6 anos de apertura a instalación e a exposición foise deteriorando facendo necesario a súa actualización.

As obras que realizará o Concello consisten na reparación de gretas existentes en todo o edificio, a reparación do tratamento das paredes e o selado da carpintería metálica. Ademais limparase a zona perimetral da instalación e mellorarase o acceso, dotarase de novo mobiliario e farase unha nova instalación eléctrica de maior eficiencia enerxética.

Para levar a cabo estes traballos o goberno local de Oleiros conta con financiamento da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. O investimento total podería chegar aos 40.000 euros.
 

back link