Oleiros, 6 de marzo de 2012-. O Concello de Oleiros instalou 8 marquesiñas en varias paradas de transporte público. Ademais instalou 18 postes de parada noutros lugares do municipio. Esta mellora forma parte da política de impulso que o Goberno local leva adiante desde hai anos no transporte público. Esta actuación levouse a cabo a través dun convenio do Concello de Oleiros coa Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
As novas paradas de bus contan cun novo deseño e a súa situación responde ás peticións das entidades cidadás e de veciños e veciñas do municipio, e a súa situación aos criterios de necesidade por volume de persoas usuarias. Ademais estas marquesiñas tamén serán utilizadas polos nenos e nenas que usen o transporte escolar.