Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello denuncia a desidia de Telefónica na retirada de postes, que paraliza e retrasa obras municipais

Diversas obras de adecuación e renovación en rúas do municipio están paralizadas por causa de Telefónica xa que non retira nin retranquea os postes situados en vía pública, malia ter sido solicitado polo Concello en forma e prazo.

Por este motivo, na actualidade o Concello de Oleiros ten paralizadas as actuacións na rúa Salvador de Madariaga e nas rúas Ricardo Cubeiro e Daniel Castelao, no centro de Santa Cruz. Tamén está pendente unha pequena actuación na rúa Loural e na rúa Fonte Cuba, a compañía culpabilizou ao Concello de deixar sen servizo de telefonía aos veciños tras meses de demora na retirada dos postes. A ampliación da rúa Casares Quiroga, á altura do Pazo de Lóngora, tamén está paralizada polo mesmo motivo.

O Concello de Oleiros esixiu en reiteradas ocasións á empresa de telefonía que cumpra coa retirada dos postes e que actúe de forma inmediata ao respecto xa que estes atrasos e paralización de obras, ademais de ser un prexuízo para o Concello, están a xerar importantes problemas de seguridade viaria tanto para peóns como para vehículos.

back link