Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros repartirá 5.200 euros no seu tradicional concurso de disfraces de Entroido

O Concello de Oleiros celebrará o tradicional Entroido municipal cunha festa para todos os públicos no Pavillón Polideportivo Arsenio Iglesias de Santa Cruz o vindeiro venres 16 de febreiro a partir das 18:00h.
 

O Concello de Oleiros organiza unha gran festa de disfraces o venres 16 de febreiro no Pavillón Polideportivo Arsenio Iglesias de Santa Cruz. Como cada ano, haberá concurso de disfraces no que se repartirán un total de 5.200 euros en premios.

A Orquestra Os Satélites amenizará a tarde desde as 18:00h e o concurso de disfraces, previsto para as 19:00h; contará con dúas categorías ou modalidades. Na modalidade de “GRUPOS” haberá un primeiro premio de 1.500 euros, un segundo premio de 1.000 euros, dous terceiros premios de 500 euros e un accésit de 400 euros. Na categoría “INDIVIDUAL-PARELLAS” haberá un primeiro premio de 400 euros, un segundo premio de 300 euros, dous terceiros premios de 200 euros e dous accésit de 100 euros. Os accésit serán outorgados polo xurado se así o considera convinte atendendo á calidade global dos disfraces participantes.

As bases do concurso serán publicadas nos vindeiros días no BOP. O prazo para inscribirse comezará o día seguinte á publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia e rematará o próximo día 15 de febreiro ás 14:00 horas.

As inscricións deben realizarse a través do formulario web na Sede Electrónica municipal ou ben de forma presencial no Rexistro do centro Cultural A Fábrica (Rúa do Inglés, 13, Perillo). A recollida de dorsais para o concurso poderá efectuarse na Fábrica, o xoves 15 de febreiro (8:30-14:30h) e o venres 16 de febreiro (8:30-14:30h) e no propio Pavillón Arsenio Iglesias o día do concurso de 16:30 a 18:00 horas.

Máis información no Departamento de Cultura do Concello de Oleiros e na web www.oleiros.org

back link