Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello de Oleiros organiza unha ruta polos Ancares desde Quintá ao Río Donsal o vindeiro 28 de setembro

O Concello de Oleiros organiza unha ruta polos Ancares enmarcada no programa Andares por Galicia, a cultura da natureza para o próximo sábado 28 de setembro.

O vindeiro sábado 28 de setembro terá lugar unha nova edición do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza, organizado polo Concello de Oleiros, coa Ruta polos Ancares: Quintá-Río Donsal.

As persoas participantes visitarán puntos de interese como Lugar do Couso, Quintá, Fonte dos Corzos, Sevane, Fervenza de Sevane, Lugar de Buisán, Lugar da Arroxiña, Ponte sobre o río Navia, ZEC Ancares – Courel, Reserva da Biosfera Ancares Lucenses para rematar cunha visita cultural ao Castro de Santa María, san Román de Cervantes.

Este programa céntrase en descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural da nosa terra e xerar conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural. Así mesmo trata de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.

A saída do 28 de setembro contará con 3 guías especializados/as e ofértanse 40 prazas dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 23,00 euros.

As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do martes 17 de setembro ás 10.00 horas. No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas. Ocuparanse as prazas por rigorosa orde de solicitude e terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros. Formulario preinscrición: https://www.oleiros.org/es/actividades-culturales/-/asset_publisher/HSJ5LJ3LSSU6/content/id/1323124

Para obter máis información sobre esta ruta e o conxunto do programa é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org.

 


 

back link