Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello de Oleiros organiza unha excursión ao Entroido de Xinzo da Limia

Oleiros, 26 de xaneiro de 2016-. O Concello de Oleiros organiza unha excursión ao Entroido da Limia o domingo 19 de febreiro, coincidindo co Domingo Corredoiro en Xinzo. As persoas interesadas en participar poden apuntarse na Fábrica a partir do vindeiro luns día 30.

Esta é a primeira saída do programa municipal Andares por Galicia, a cultura da Natureza. As persoas que participen na viaxe visitarán o Museo do Entroido, poderán asistir á presentación das Pantallas polas rúas de Xinzo e tamén coñecerán o Museo Etnográfico de Vilar de Santos. O xantar será libre.

Para solicitar información e formalizar as inscricións hai que contactar co Departamento de Cultura, no centro cultural A Fábrica de Perillo. O teléfono é o 981 610 000 (extensións 4915 e 4916) e os correos electrónicos son cultura@oleiros.org e r.caparros@oleiros.org.
 

back link