Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros organiza un roteiro literario para celebrar o 25º aniversario do Club de Lectura da Biblioteca Central Rialeda

O Concello organiza un roteiro cultural e literario para celebrar o 25º aniversario do club de lectura e tertulias literarias da biblioteca Rialeda o próximo sábado 13 de abril a partir das 9:30 horas.
 

As bibliotecas públicas municipais do Concello de Oleiros festexarán o 25º aniversario dos Clubs de Lectura e Tertulias Literarias o día 13 de abril cun roteiro cultural dirixido a todas aquelas persoas que participan ou participaron nas tertulias literarias da Biblioteca Rialeda.

Programa do roteiro:

9:30 h: Punto de encontro na Biblioteca Central Rialeda.
9:50 h: Traslado en autobús ao Castelo de Santa Cruz.
10:15h–11:00h: Visita ao Castelo de Santa Cruz. Breve explicación sobre a súa historia. Panorámica da exposición "Obxectomanía. Unha historia singular do coleccionismo."
11:00h–11:10h: Saída do castelo e traslado en autobús ao Pazo de Xaz.
11:30h-12:20h: Visita ao exterior do Pazo de Xaz. Vida, pazos e literatura: unha fascinación.
12:20h: Traslado en autobús ao Pazo do Río.
12:35h–13:35h: Visita ao exterior do Pazo do Río. Semblanza literaria dos 25 anos dos clubs de lectura.
13:35h: Traslado en autobús á Biblioteca Central Rialeda. Fin do roteiro.

As inscricións no roteiro realizaranse a través do correo electrónico biblioteca.rialeda@oleiros.org, no teléfono 981 639 511 ou acudindo pe forma presencial á Biblioteca Central Rialeda.

back link