Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello de Oleiros organiza un curso de mediación en conflitos

 Oleiros, 7 de novembro de 2014-. O Concello de Oleiros organiza un novo curso de mediación en conflitos. Un ano máis o Centro de Información Xuvenil do Concello de Oleiros, a través do seu programa de Educación para a Saúde, PROMESA, levará  a cabo este ciclo formativo para mediadores.

 
O Centro de Información Xuvenil puxo en marcha nos IES do Concello no ano 2004 os equipos de mediación, colaborando nunha primeira fase co profesorado en distintas accións que axudaron á creación e consolidación dun grupo estable de mediadores escolares. Con esta formación amplíase o equipo de mediadores e comezaríamos unha nova liña de actuación que é a creación do dito proxecto. O dito curso levarase a cabo no Centro Cultural A Fábrica todos os mércores ata o 3 de decembro de 16.30 a 18.30 horas.
 
O Goberno local segue apostando polo traballo dos equipos de mediación polo que neste curso escolar comeza cun obradoiro formativo de mediación en conflitos onde participarán un total de 20 alumnos e alumnas do IES Neira Vilas de Perillo de entre 11 e 14 anos. 
 
back link