Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello de Oleiros oferta un curso de instalación de mobles

Oleiros, 16 de outubro de 2017-. O Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo acollerá un curso de instalación de mobles de 568 horas de duración. O alumnado terá un módulo de prácticas profesionais en empresas e ao remate do curso recibirá un certificado de profesionalidade.

As clases comezarán esta mesma semana e rematarán no mes de abril. O horario é de 15:00 a 20:00 horas. Para acceder a este curso é necesario ter o graduado en secundaria ou as Competencias Clave de Nivel 2 e estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia. Para apuntarse hai que dirixirse ao Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, na Rúa dos Regos. Os teléfonos son o 981610319 e o 981631706.
 

back link